A inminencia do entroido fíxose notar entre os veciños de Bértola afectados polo proxecto de subestación eléctrica para a AVE que organizaron este sábado un particular "enterro" da parroquia, vítima dunha ataque esta polémica infraestrutura.
Segundo comentaron os afectados, a última reunión celebrada na Subdelegación do Goberno deixou claros os veciños que para alimentar de enerxía eléctrica ao Eixe Atlántico a subestación de Bértola "non resulta imprescindible".
E engaden que "agora que Fomento se lava as mans" os que apostan por esta Subestación "só defenden os seus propios intereses económicos privados" en referencia á intención de Rede Eléctrica de negociar a utilización deste espazou con outras subministradoras como Gas Natural Fenosa.
De modo que este sábado o habitual percorrido pola parroquia de Santa Comba de Bértola, máis que unha manifestación foi unha marcha fúnebre, con féretro incluído e nota necrolóxica.
"Apesarados pais, don Fomento e dona Adif; irmáns, don REE e dona Xunta; irmáns políticos don capricho e dona teimosía; sobriña, dona vergoña; e demais familia e achegados pregan unha ou varias oracións pola súa alma".