Os veciños da Lama sométense a un cribado masivo

A Lama
08 de febreiro 2021

Ao longo da tarde deste luns os veciños da Lama de entre 15 e 40 anos que foron citados polo Servizo Galego de Saúde acudiron ao Centro de Saúde do municipio para someterse a un cribado

Cribado no concello da Lama
Cribado no concello da Lama / Sergas

Ao longo da tarde deste luns os veciños da Lama de entre 15 e 40 anos que foron citados polo Servizo Galego de Saúde acudiron ao Centro de Saúde do municipio para someterse a un cribado.

O operativo está coordinado polo Sergas e o Concello, que pediron a "máxima colaboración cidadá" para que participe o maior número posible de citados.

Aquelas persoas confinadas por ser positivos de covid-19 ou por contacto directo con algún contaxiado non poderán participar no cribado.

Ademais, os resultados das probas serán comunicados por teléfono de forma individual no caso dos positivos. No que respecta a os negativos, estes non recibirán notificación algunha por parte das autoridades sanitarias.