Oito hospitalizados máis por covid-19 é o balance que nos deixan as últimas 24 horas nunha área sanitaria de Pontevedra e O Salnés que, pola contra, mantén a tendencia á baixa nos seus casos activos. Son 5.212, 55 menos que onte. Os novos contaxios foron 389.
Os ingresados nos tres hospitais da área sanitaria son 97, oito máis que este xoves, dos cales seis se atopan na unidade de coidados críticos de Montecelo.
A maiores, atendidos en planta hai outras 91 persoas. Hai 76 en Montecelo, catorce no Hospital do Salnés e un no QuirónSalud Miguel Domínguez de Pontevedra.
O resto dos que contraeron o virus, outras 5.115 persoas, atópanse illadas nos seus domicilios e baixo supervisión médica, ao ser asintomáticos ou ter pouca sintomatoloxía.
Desde o inicio da pandemia 48.752 pacientes da área sanitaria superaron a covid-19, 445 nas últimas 24 horas, e rexistráronse 248 falecementos asociados ao virus.
En canto á realización de probas PCR, fixéronse na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés un total de 394.075, 735 nas últimas horas. A elas súmanse as 223.451 probas de antíxenos e outras 121.265 probas de detección da covid-19.
INCIDENCIA EN GALICIA
O número de casos de coronavirus en Galicia, pola súa banda, é de 48.835, 347 menos que o día anterior. Deles, 10.467 son da área da Coruña, 5.108 da de Lugo, 4.901 da de Ourense, 5.212 da de Pontevedra, 11.743 da de Vigo, 8.771 da de Santiago e 2.328 da de Ferrol.
Do total de pacientes positivos, 44 están en UCI, 625 en unidades de hospitalización e 48.166 no domicilio. Por agora, en Galicia hai un total de 414.927 persoas curadas, rexistrándose 3.022 falecementos.
Desde o inicio da pandemia realizáronse en Galicia 3.625.954 probas PCR, 6.702 nas últimas 24 horas. Os novos casos abertos desde onte, que inclúen os autodiagnósticos con antíxenos, foron 3.682.