Os "treintañeros" pontevedreses vacínanse menos que os seus maiores

Pontevedra
10 de xullo 2021

A asistencia aos puntos de vacinación de persoas de 30 a 39 anos está a baixar. "Ahora un 70% de la gente se vacuna. En las primeras franjas de edad tuvimos un 90 y mucho por ciento", indica Consuelo Rodríguez, coordinadora de Enfermería no punto de vacinación do recinto Feiral de Pontevedra

Vacinación de persoas menores de 40 anos no Recinto Feiral
Vacinación de persoas menores de 40 anos no Recinto Feiral / Cristina Saiz

Na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés xa hai 137.000 persoas completamente vacinadas contra o covid 19. Segundo informou o xerente da área, José Ramón Gómez, hai outras 50.000 que teñen unha soa dose.

Con todo a asistencia aos puntos de vacinación de persoas de 30 a 39 anos está a baixar. "Ahora un 70% de la gente se vacuna. En las primeras franjas de edad tuvimos un 90 y mucho por ciento", indica Consuelo Rodríguez, coordinadora de Enfermería no punto de vacinación do recinto Feiral de Pontevedra.

Segundo destaca Consuelo Rodríguez "estamos en torno a un 25% de personas que no acuden a la primera cita de vacunación y después sí lo hacen en otras fechas".

Nos últimos doce días a incidencia do coronavirus nos galegos de 20 a 29 anos cuadriplicouse, mentres que entre os de 12 e 19 case se triplicou desde o 28 de xuño, data desde a que o Ministerio de Sanidade reporta a incidencia acumulada a 14 días desagregada por grupos de idade.

Este aumento na incidencia aínda non se está reflectindo, con todo, na presión hospitalaria, segundo o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña.

Tamén aumentou a incidencia dos galegos menores de 11 anos, que practicamente se duplicou desde finais de xuño, xa que pasou de 58,22 casos por cada 100.000 habitantes a 111,60 este venres.

O conselleiro de Sanidade anunciou que prevé iniciar a vacinación dos menores de 20 anos a mediados de setembro, coincidindo co inicio do curso escolar se as previsións de vacinas mantéñense.