A Asociación de Empresarios de Transportes Discrecionales de Mercancías de Pontevedra (ASETRANSPO) reclama que a gratuidade na viaxe de regreso Pontevedra-Vigo, ou viceversa, pola AP-9 se aplique tamén aos vehículos pesados. Desde Asetranspo solicitamos "igualdade de condicións", indica Jesús Manuel Rodríguez, presidente da asociación.
"Se de verdade queren favorecer a competitividade da zona sur deben incluír aos camións no acordo, que xa pagan unha peaxe o dobre de caro que os turismos. E non podemos obviar que hai empresas de transporte que realizan tráficos fixos que transcorren diariamente pola AP9. Ademais prácticamente todos os nosos vehículos están xa dotados de dispositivos de telepeaxe".
Rodríguez considera que toda rebaixa é positiva, "pero o desconto debe ser para todos, e máis aínda en tempos de dificultade económica no que moitos transportistas ven mermados os seus ingresos a fin de mes chegando a rexistrar perdas importantes, abandonando nalgúns casos a actividade".
Neste sentido, o presidente de Asetranspo asegura que medidas como esta, de reducir ao 50% unha peaxe tan transitada, "sería un aliciente para o sector".