Os transportistas pontevedreses reclaman a devolución de máis 20 millones de euros polo céntimo sanitario

Pontevedra
28 de marzo 2014

A asociación celebrou este xoves unha xornada informativa centrada na recuperación deste imposto "indebidamente cobrado" á que acudiron representantes de máis de medio centenar de empresas

Xuntanza de transportistas polo "céntimo sanitario"
Xuntanza de transportistas polo "céntimo sanitario"

A Asociación de Empresarios de Transportes Discrecionais de Mercadorías de Pontevedra, Asetranspo-Cetm Pontevedra, que aglutina máis de 500 empresas cunha frota de 3.500 vehículos, celebrou este xoves unha xornada centrada na recuperación do coñecido como "céntimo sanitario".

Máis de 60 de empresarios do transporte asistiron o xoves á xornada informativa, aclarouse que calquera persoa que conserve as facturas polo consumo de combustible pode reclamar, con prazo para a vía da reclamación de responsabilidade patrimonial ao Estado Lexislador ata o 27 de febreiro de 2015.

En canto á cantidade que se pode reclamar, os avogados sinalaron que varía, en primeiro lugar oscilará entre os 2,4 e os 7,2 céntimos de euro por litro consumido, dependendo da comunidade autónoma onde se tivese reposto, podendo reclamarse todas as facturas dende a implantación do imposto en 2002.

En Asetranspo xestionáronse máis de 300 expedientes de empresas asociadas da provincia de Pontevedra que supoñen no tramitado un importe a retornar por enriba dos 20 millóns de euros.

Tendo en conta unha media de sete vehículos por empresa asociada, estímase unha devolución total media de 160.000 euros por empresa.