Encóntranse "mosqueados" e ante un futuro incerto. Os 15 empregados dos cines de Vialia reciben "rumores por todas las partes pero non son más que rumores". Así se expresa Esther Mourez, a representante dos traballadores, ao comprobar que ADIF está a negociar con outras cadeas de salas cinematográficas para que se fagan cargo dos cines pontevedreses. Ábaco terá que abandonar as instalacións o 14 de xuño tras ter contraida unha débeda de 1,3 millóns de euros.
"Le comenté a la gerente que hay dos empresas que quieren negociar con ADIF. La gerente llamó al director general de Ábaco y él dijo que no tiene constancia de nada", indica Esther Mourez, de CC.OO., y señala que Ábaco realizara, tempo atrás, unha proposta para que ADIF condonase a débeda a cambio das actuais instalacións que pasarían a unha nova empresa coa subrogación do persoal. Pero a entidade de infraestruturas empresariais dependente do Ministerio de Fomento rexeitou esa opción.
Agora, os traballadores descoñecen que negociaron ADIF e Ábaco Cinebox para resolver a débeda. A representante de CC.OO. explica o compromiso ao que chegaran con Juan Antonio Moreno, director xeral de Ábaco, "la empresa había dicho que ellos desmantelaban todo. Solo lo dejarían tal y como está si viene otra empresa y se hace cargo de los trabajadores. Había ese compromiso".
"Parece que hay preocupación porque Pontevedra se quede sin cine pero ¿qué pasa con los trabajadores?"
A próxima semana os traballadores esperan reunirse con Moreno, despois de pospoñer esta entrevista dúas veces nas últimas 48 horas. O secretario comarcal de CC.OO., José Luis García Pedrosa, indicaba que "queremos falar con Ábaco para saber que plantexamentos teñen: despidos, ERE... e a partir de aí plantexar a subrogación do persoal". E Esther Mourez mostrábase máis preocupada: "no sabemos lo que traerá este señor. ¿Qué trae? ¿un despido colectivo? No sabemos en qué condiciones ni cuando termina nuestro contrato. No tenemos ni idea. Lo que creo es que ADIF está buscando otro inquilino y punto pelota. Parece que hay preocupación porque Pontevedra se quede sin cine pero ¿qué pasa con los trabajadores?".
Este xoves ás 10 da mañá desenvolverase unha asemblea dos traballadores para ver as propostas que lle trasladan ao director xeral de Ábaco a próxima semana.
Segundo comentaba García Pedrosa, estas propostas trasladaranas tamén á directora de Gabinete do Ministerio de Fomento, a pontevedresa Alicia Portas, a quen queren manter informada sobre o que vai sucedendo en relación có futuro dos cines. A ministra zamorana Ana Pastor, máxima responsable de ADIF, encóntrase durante estes días de viaxe en Brasil.