A comparsa Os Solfamidas iniciou unha colecta na internet para comprar instrumentos e material que lles permita participar no próximo Entroido despois de que un incendio no seu almacén de Campo Lameiro queimase gran parte do seu traballo. Os donativos pódense facer na páxina web www.gofundme.com.
O presidente da comparsa, Ángel Rodríguez "Lito", asegura que "temos moitas ganas e queremos seguir loitando para poder estar un entroido máis convosco. Só fáltanos o voso apoio para poder conseguilo".
Os fondos recadados destinaranse a repoñer o material perdido. Por unha banda, a comprar instrumentos novos, por outro, a comprar materiais para facer os traxes. Todos os traxes, gorros e decoracións dos instrumentos son feitos a man polos integrantes da comparsa. A súa fabricación require moito tempo, pero tamén diñeiro. O valor do material que se atopaba no local, sen ter en conta os instrumentos, ascendía a uns 8.000 euros, que é a cantidade obxectivo que estableceron para esta campaña.
A colecta realízase a través da plataforma gofundme, que promociona á ONG Destino Uganda, coa que Os Solfamidas colabora.