Os socorristas de Marín atenderon 272 picaduras de faneca no mes de xullo

Marín
03 de agosto 2022

Comenzada a tempada do servicio de socorrismo, os profesionais contratados polo Concello de Marín para velar pola seguridade dos bañistas das praias de Portocelo, Mogor, Aguete, Loira e O Santo, fixeron un total de 624 atencións

Praia de Loira
Praia de Loira / PontevedraViva

Comenzada a tempada do servicio de socorrismo, os profesionais contratados polo Concello de Marín para velar pola seguridade dos bañistas das praias de Portocelo, Mogor, Aguete, Loira e O Santo, fixeron un total de 624 atencións.

Destas intervencións, 71 sucederon na praia de Portocelo, 204 en Mogor, 188 en Aguete 1, 77 en Loira e 84 no Santo das cales cabe destacar que 272 foron de picaduras de faneca neste mes de xullo, sendo Mogor con 97 e Aguete con 81 as praias con máis incidencias deste tipo.

Dentro das atencións menores, o habitual de todos os veráns, que son as picaduras de avespa cun total de 96, feridas 133 e 29 avisos a cans, embarcacións e avisos a corpos de seguridade.

En canto as atencións maiores sinalar 2 golpes de calor entre Mogor e Aguete, 3 rescates acuáticos, en Mogor, Portecelo e Loira. Tamén 2 lipotimias, unha en Portocelo e outra en Loira.

OFICINAS DE TURISMO

Durante o mes de xullo deste ano 2022, achegáronse ata a Oficina de Turismo de Marín un total de 612 persoas, sendo o 92 % de procedencia nacional, maioritariamente de Madrid, Galicia (a nosa Comunidade Autónoma aporta principalmente excursionistas), Andalucía e Castela e León.

Un 45% dos visitantes teñen entre 35 e 60 anos e viaxan en parellas ou con nenos e o 20% do total son parellas maiores de 60 anos. Elixen maioritariamente os apartamentos turísticos para pernoctar. O 57% dos visitantes da Oficina de Turismo aloxáronse en Marín, os demais pernoctaron en concellos turísticos da contorna como Sanxenxo, Pontevedra ou Poio. Os turistas, como media, pasan entre 6 e 8 días (o 36%), utilizando como principal medio de transporte o coche particular (o 92%).

Os principais motivos para visitar o municipio son o disfrutar do ocio e os eventos como as festas do Carmen ou a visita ao Juan Sebastián Elcano. Para o 70% dos visitantes que se achegaron ata a Oficina de Turismo, era a primeira vez que viñan a Marín.