Os socios do Liceo Casino serán convocados a unhas novas eleccións

Pontevedra
01 de outubro 2018

Os socios do Liceo Casino de Pontevedra terán que volver votar, ao non alcanzar un acordo as dúas candidaturas que empataron na eleccións do pasado venres

Votación de socios nas eleccións á presidencia do Liceo Casino
Votación de socios nas eleccións á presidencia do Liceo Casino / Mónica Patxot

Os socios do Liceo Casino de Pontevedra terán que volver votar, ao non alcanzar un acordo as dúas candidaturas que empataron na eleccións do pasado venres.

Os oito membros do equipo de Alejandro Regueiro decidiron por unanimidade, "y teniendo en cuenta la opinión de un buen número de socios", que non van pactar unha directiva conxunta e que a "única opción" que contemplan é a convocatoria duns novos comicios.

"No tengo inconveniente ninguno", respondeu Jaime Olmedo, que explicou a súa proposta dunha directiva conxunta indicando que "yo planteaba una hipótesis de trabajo porque entiendo que lo que no podemos es generar crispación entre los socios que formamos una causa común".

A negativa para pactar unha directiva conxunta foi comunicada polo propio Regueiro a Olmedo a quen lle propoñerá a creación dunha xunta xestora provisional, formada polas dúas candidaturas que recibiron exactamente os mesmos votos, para rexer o Liceo Casino os días que pasen ata a celebración das novas eleccións.

Con todo, Jaime Olmedo lembrou que "los estatutos no preveen una gestora" polo que "continuamos en funciones" os membros do actual equipo directivo.

Neste sentido, o grupo de Regueiro recoñeceu que esta "atípica situación" non está contemplada nos estatutos do Liceo Casino pero sinalou que "la administración en funciones finalizó en el momento en el que se celebraron elecciones" e, polo tanto, entenden que "esta sociedad no puede estar ni un día más sin presidente".

Ambos os dous candidatos coinciden en que sexan os socios quen resolva esta cuestión, polo que se chamará de novo ás urnas "lo más rápidamente posible que permitan los estatutos".