Os socialistas piden cargadores para móbiles en espazos públicos da cidade

Pontevedra
08 de febreiro 2018

Achegar servizos á cidadanía. É o espírito co que os socialistas acaban de presentar unha moción para que o goberno municipal estude a instalación de cargadores para dispositivos móbiles en espazos públicos da cidade de Pontevedra

Menor empregando un móbil
Menor empregando un móbil / Mónica Patxot

Achegar servizos á cidadanía. É o espírito co que os socialistas acaban de presentar unha moción para que o goberno municipal estude a instalación de cargadores para dispositivos móbiles en espazos públicos da cidade de Pontevedra.

É un sistema, apunta Agustín Fernández, que xa existe en cidades como Bilbao, Valladolid, Madrid ou Barcelona.

Para Fernández, o modelo de cidade implica "ir máis alá" de ensanchar beirarrúas e se debe apostar por outro tipo de actuacións que faciliten a vida aos cidadáns.

O PSdeG-PSOE entende que, hoxe en día, "xa non concibimos a nosa vida sen o teléfono móbil", un dispositivo que se converteu nunha ferramenta de traballo "imprescindible".

A idea tamén daría satisfacción a unha demanda que reclaman os turistas cando se acercan á  nosa cidade. "Este tipo de detalles fan que mellore a valoración da cidade entre os que nos visitan", asegura o voceiro socialista.

A proposta consiste en utilizar cargadores alimentados por enerxía solar e accesibles ás persoas con discapacidades e instalalos en espazos públicos como prazas ou parques.