Máis do10% dos cidadáns de Pontevedra están no paro. En total, 9.320 persoas. A cifra é grave nunha provincia na que o desemprego ascende a máis de 115.000 persoas.
Nos sindicatos preocupa que 66.697 das persoas sen emprego na provincia veñan derivadas do sector servizos, tras o período de Nadal. O secrtario comarcal da CIG, Rafael Iglesias, laméntase por estas cifras: "é unha mala noticia, temos claro que a reforma laboral do PP non soluciona os problemas de fondo que hai que solucionalos incentivando políticas de crecemento e o sector público ten que activar a economía porque o sector privado non está polo labor".
Ramón Vidal, secretario comarcal de UXT, resulta máis contundente: "ÿ un desastre" y añade que "está directamente relacionado coa reforma laboral porque agora é máis fácil despedir". Indica que non se ve unha saída a este problema nin no prazo dun ano e asegura que "a saída sempre será a peor porque as contratacións novas cada vez contan con menos dereitos laborais. As empresas xa non están preocupadas nin pola renovación dos convenios".
No mesmo sentido coincide Rafael Iglesias: "dispáranse as cifras de concursos e de ERES tanto temporais como extintivos. E se dispara unha situación de desesperanza para toda a xente". O responsable da CIG alerta tamén ao presidente da Xunta de Galicia: "Feijóo ten que deixar de vender que os datos macroeconómicos van ben porque o dato está aumentando pero o certo é que aquí o dato está amortiguado porque hai unha emigración continua de galegos e galegas que marchan a países da UE e a outras zonas do Estado".