Os servizos sanitarios atenderon a 60 persoas durante a Feira Franca

Pontevedra
07 de setembro 2014

Segundo informou a concelleira de Festas e de Seguridade Cidadá, Carme da Silva, sete foron trasladadas ao Complexo Hospitalario de Pontevedra e tres máis foron asistidas no hospital temporal que permaneceu instalado nas dependencias do Teatro Principal. Tratáronse de golpes, algún mareo, ou subas de tensión

Intervención dos servizos sanitarios durante a Feira Franca
Intervención dos servizos sanitarios durante a Feira Franca

Os servizos sanitarios atenderon a un total de 60 persoas durante a celebración este sábado da Feira Franca.

Segundo informou a concelleira de Festas e de Seguridade Cidadá, Carme da Silva, sete foron trasladadas ao Complexo Hospitalario de Pontevedra e tres máis foron asistidas no hospital temporal que permaneceu instalado nas dependencias do Teatro Principal. Tratáronse de golpes, algún mareo, ou subas de tensión.

Neste sentido, resaltou o dispositivo de seguridade e emerxencias despregado en puntos estratéxicos da cidade, con vías de acceso definidas e coas dotacións de Bomberos, Policía e Protección Civil preparadas para atender calquera aviso.

En todo caso Da Silva precisou que "non houbo incidentes salientables" agradecendo a atención e sensibilidade da cidadanía á hora de facilitar o traballo aos servizos de seguridade.

Arquivado en