Os retos en redes sociais, un dos populares pasatempos da corentena

Pontevedra
19 de marzo 2020

Nestes días nos que nos temos que quedar na casa, o uso da internet e redes sociais está en auxe. Por iso, non é de estrañar que varios dos retos que xorden desde estas plataformas popularícense rapidamente. Para moitas persoas estes retos supoñen un tempo de desconexión e relaxación respecto a a situación que se está vivindo á vez que se divirten tentando superalo

Reto de la zanahoria
Reto de la zanahoria / Boris Rodríguez Pintos

As redes sociais convertéronse, nestes días de corentena, nun gran apoio para millóns de persoas. Estar na casa sen poder saír non é fácil para algúns, pero por sorte, para facer máis ameno o noso tempo, contamos con internet.

Despois de que o coronavirus cancelase numerosos eventos, influencers e artistas famosos encheron as redes sociais con concertos e actuacións co propósito de facer mais leves estes días en casa.

Con todo, as redes sociais tamén teñen unha cara máis anónima, onde xente que non coñecemos tamén nos axuda nestes días, moitas veces de maneira indirecta. Son os chamados challenges ou retos virais que xorden na internet. Xa son varios os que se popularizaron, chegando a miles de persoas en poucos días.

Un dos máis famosos é o #10toqueschallenge, que consiste en dar dez toques co pé a un rolo de papel hixiénico. Algúns famosos, como Marc Márquez, xa se atreveron a probar. O piloto de moto GP incluso o tentou disfrazado de minión, facendo reir ás persoas que estaban con el e a moitos dos seus seguidores.

Outros dos retos é o escoba challenge, que consiste en deixar unha escoba en pé, algo que parece algo moi dificil a primeira vista pero que moitas persoas xa conseguiron.

Tamén se popularizou o reto da zonahoria ou o tomate, que trata de debuxar unha cenoria ou un tomate, dependendo do que che envien, poñéndolle ollos, boca, brazos e outros coplementos. Unha vez acabado o debuxo, noméase a tres persoas que terán que facer a súa propia hortaliza personalizada. Deste xeito conséguese que cada vez máis persoas participen no reto.

Os deportistas tampouco se esqueceron da xente. Desde a federación española de balonmán puxeron en marcha o #TírateElRolloChallenge, que consiste en derrubar un rolo de papel con outro lanzado coma se foses un xogador de balonmán. O reto xa está a facer furor entre os seguidores e profesionais deste deporte.