A Unidade de Violencia de Xénero da subdelegación provincial organizaba por terceiro ano consecutivo un concurso de relatos curtos e debuxos que sirvan para reflexionar sobre este problema social. Este xoves na sede de Afundación entregábanse os premios nunha gala institucional presentada polos xornalistas Diana López e Antón Prieto.
Maica Larriba, subdelegada do Goberno en Pontevedra, presidía o acto e facía un chamamento para que os máis novos adopten un compromiso para rematar coa violencia machista. Neste sentido, a subdelegada pediu unha reflexión sobre as cifras de asasinatos machistas que se producen e indicou que as compañeiras de instituto ou de colexio poden protagonizar no futuro un caso máis de violencia polo feito de ser mulleres. Lembrou que no segundo trimestre deste ano xulgáronse a catro menores en Galicia como presuntos autores de actos de violencia contra as mulleres.
Estíbaliz Palma, comisaria provincial da Policía Nacional; Simón Venzal, coronel xefe da Garda Civil; a directora provincial da DXT Paula Yubero e a directora do Instituto Españo de Oceanografía, Victoria Besada acudían a este acto ao que tamén asistían outras autoridades locais e provinciais.
Para relato curto, o xurado composto pola escritora Montse Fajardo e o escritor Manel Loureiro; o profesor do instituto Valle Inclán, Eduardo Cid; e a profesora da UNED, Mila Lores, decidiu que os gañadores foran os seguintes traballos:
CATEGORIA 1 (FP e ESO)
1º PREMIO: 'Amarga espera', de Julia Boullosa Alvarez do IES Francisco Asorey de Cambados.
2º PREMIO: 'Descubrindo a Violencia', de Alejandro Campos Herbes do CPR San Fermín de Caldas.
3º PREMIO: 'O Click', de Sabela Martínez do CPR A Inmaculada de Ponteareas.
CATEGORIA 2 ( Bacherelato e FP Superior)
1ºPREMIO: 'Fin da cita', de Lucía Ardao Cuevas do Colexio Apóstolo Santiago de Vigo.
2ºPREMIO: 'O primeiro amor', de Carla Márquez Pereira do Colexio Compañía de María de Vigo.
3ºPREMIO: 'Polas invisibles', de Nuria Pintos Rodiño do CIFP Carlos Oroza de Pontevedra.
Na modalidade de debuxo, o xurado composto por Carme Hermo, profesora de Belas Artes e pintora; o pintor Manuel Ruibal; Ana Fortes, profesora do
instituto da Xunqueira; e o pintor Quique Ortega seleccionaron as seguintes obras:
CATEGORIA 1 (FP e ESO)
1º PREMIO: 'Xuntos non é unha fantasía', de Sergio Guillermo Loures Miranda do Colexio San José de Cluny de Vigo.
2º PREMIO: 'Fora as malas accións', de Laura Alonso Serdín do IES Carlos Casares de Vigo.
3º PREMIO: 'Recoñece. Hai saída', de Sofía Cedeira Rodríguez do IES Carlos Casares de Vigo.
CATEGORIA 2 (Bacherelato e FP Superior)
1º PREMIO: 'Phantom', de Sofía Neira Cibeira do IES Frei Martín Sarmiento de Pontevedra.
2º PREMIO: 'Cuestión de Tempo', de Mario do Prado Lago do Colexio Apóstolo Santiago de Vigo.
3ºPREMIO: 'Que non cho pinten de rosa', de Leire Gil Xusto do IES Xunqueira I de Pontevedra.