A Concellaría de Benestar Social Municipal e a Fundación Meniños volven poñer en marcha este Nadal o programa (en)Volve, que se marca o obxectivo de que ningún adolescente ou neno pontevedrés quede sen agasallos estas festas.
Como xa vén sendo habitual nos últimos anos, buscan persoas que se queira converter en cómplices dos Reis Magos para garantir que os nenos das familias pontevedresas con escasos recursos tamén teñan un agasallo neste Nadal.
Como en anos anteriores, os cómplices recibirán unha carta coas peticións do neno que se lle asigne e mercarán o agasallo que solicite, sempre coa limitación de que teña un importe máximo de 30 euros.
O agasallo entregarase entre o 11 e o 29 de decembro na Casa Azul, no número 2 da rúa Sor Lucía. Poderán entregalo de luns a venres en horario de mañá e tarde, de 10.00 a 14.00 e de 15.30 a 20.30.
As persoas que queiran facerse cómplices dos Reis Magos deberán descargar o formulario que figura nesta ligazón.
Para calquera dúbida, poden poñerse en contacto a través dos teléfonos 604024103 e 678754933.