Os Reis Magos despídense cunha festa en Poio

Poio
07 de xaneiro 2024

A tarde do sábado rematou cunha festa na carpa Poio Máxico, coa animación de Javi Solla

Os Reis Magos despídense cunha festa en Poio
Os Reis Magos despídense cunha festa en Poio / Concello de Poio

Poio despediu este sábado aos Reis Magos cunha grande festa. 

Foron seis as carrozas e máis de trescentas persoas as que acompañaron ás súas maxestades na cabalgata que saiu desde Porteliña.

De aí, cruzaron pola Seara para rematar na carpa Poio Máxico, na Seca, onde o DJ Javi Solla se encargou da música e da animación para poñer o broche final ao Nadal de Poio.

Na comitiva participaron todas as ANPAS dos colexios do municipio, así como membros das comparsas e batukas locais. 

O alcalde, Ángel Moldes, agradeceu a Melchor, Gaspar e Baltasar que elixiran Poio para despedir desde este concello todas as cabalgatas.