Os Príncipes de Asturias regresan a Marín polo Día do Carme

Marín
09 de xullo 2013

O pasado ano 2012 foi a primeira dende que se instaurou a monarquía que non acudiu ao Día do Carmen, patroa da Armada, un representante da Coroa. Segundo puido confirmar PontevedraViva en fontes oficiais, este próximo 16 de xullo a Escola Naval Militar en Marín recuperará esta tradición coa presenza dos Príncipes de Asturias. Á cita marinense acudirá con este mesmo motivo o buque escola da Armada, o Juan Sebastián de Elcano. Será este sábado, poñendo así fin ao seu 84 cruceiro de instrución

Os Príncipes de Asturias, Don Felipe e Dona Letizia presidirán o acto de entrega de Reais Despachos no peirao da Escola Naval Militar de Marín.

O pasado ano 2012 foi a primeira dende que se instaurou a monarquía que non acudiu ao Día do Carmen un representante da Coroa.

Nos últimos anos, o Rei e o Príncipe de Asturias alternábanse para acudir a Marín para presidir os actos de xura de bandeira dos estudantes de primeiro curso e a entrega de despachos aos novos oficiais.

Ao respecto, o gabinete de comunicación da Escola Naval de Marín explicara que a Casa Real limitou o número de asistencias aos actos de entrega de Reais Despachos a tres, un por academia e exército.

Segundo puido confirmar PontevedraViva este próximo 16 de xullo, Día do Carmen, patroa da Armada, a Escola Naval Militar en Marín recuperará esta tradición coa presenza dos Príncipes de Asturias.

ELCANO

Á cita marinense acudirá con este mesmo motivo o buque escola da Armada, o Juan Sebastián de Elcano. Será este sábado, poñendo así fin ao seu 84 cruceiro de instrución.