Os preferentistas defenden a súa inocencia no xulgado ante as multas impostas pola Garda Civil

Pontevedra
20 de novembro 2014

Representantes das plataformas de afectados polas participacións preferentes de Baixo Miño, Redondela, Pontevedra, Marín, Salnés, Lugo e Compostela concentráronse este xoves ante a sede dos xulgados do Contencioso Administrativo de Pontevedra para reclamar a retirada das multas a 23 membros deste colectivo

Concentración de afectados polas preferentes ante o Xulgado
Concentración de afectados polas preferentes ante o Xulgado / Mónica Patxot

Representantes das plataformas de afectados polas participacións preferentes de Baixo Miño, Redondela, Pontevedra, Marín, Salnés, Lugo e Compostela concentráronse este xoves ante a sede dos xulgados do Contencioso Administrativo de Pontevedra para reclamar a retirada das multas a 23 membros deste colectivo.

O importe total destas sancións elévase ata os 23.000 euros, dos que 17.000 xa tiveron que ser aboados para poder acudir a xuízo, unha vez esgotada a vía administrativa.

Para este xoves estaba sinalado o xuízo contra Xulio Vicente (por organizar unha concentración irregular na Festa do Salmón da Estrada), Nieves Rodríguez Besada (sancionada por causar desordes graves á saída dun pleno do Concello de Mos) e a Miriam Rodríguez (por unha concentración irregular no concello de Mondariz-Balneario).

O xuízo de Xulio Vicente foi suspendido ao non se presentar os axentes da Garda Civil que puxeron a multa, xa que non foron citados a tempo.

"ÿ unha situación surrealista: as vítimas, os estafados, somos reprimidos e agora xulgado", dixo Miriam Rodríguez

O avogado dos preferentistas explicou que nos tres casos as multas adoecen de "inconcreción" xa que os axentes "non precisan os feitos que son sancionados". Pola súa banda as testemuñas que achega a defensa, tamén afectadas polas preferentes, calificaron de "sarta de mentiras" os motivos polos que foron multados.

Xulio Vicente, voceiro da Plataforma de Baixo Miño, indicou que estes dous xuízos son os primeiros en celebrarse e que o resto se irán desenvolvendo ata mediados de 2015.

"ÿ unha situación surrealista: as vítimas, os estafados, somos reprimidos e agora xulgado", dixo Miriam Rodríguez.

"Ningunha das sancións da Plataforma se corresponde coa realidade", insistiu esta preferentista, "o único motivo é amedrentar o colectivo e que abandonemos as rúas. Esta é unha forma de reprimir as persoas que saímos a denunciar a estafa que sufrimos", concluíu.