Os positivos por coronavirus na área sanitaria ascende a 18, cinco hospitalizados

Pontevedra
15 de marzo 2020

A Consellería de Sanidade reitera que a cidadanía empregue o número 061 só para emerxencias ou casos graves e aconsella utilizar o número gratuíto do 900 400 116 para consultar dúbidas ou síntomas leves 

Máscara protectora
Máscara protectora / Cristina Saiz

A área sanitaria de Pontevedra e O Salnés rexistrou ata o momento un total de 18 casos de coronavirus confirmados, segundo a información facilitad pola Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade despois da última actualización de positivos realizado na mañá deste domingo.

Nesta área sanitaria rexistrouse a última hora do sábado un falecemento por esta enfermidade, o segundo de Galicia. Foi un home de 81 anos, con varías patoloxías, que se atopaba ingresado no Hospital Montecelo de Pontevedra, e que dera positivo importado na proba de coronavirus.

Na área sanitaria, dos 18 positivos, cinco son pacientes que se atopan hospitalizados e illados. En toda Galicia, 8 permanecen en UCI, 33 están en unidades de hospitalización e 148 no domicilio

O número de casos de coronavirus en Galicia ascende a 189, dos que 72 son da área da Coruña, 9 da de Lugo, 22 da de Ourense, 18 da de Pontevedra, 36 da área de Vigo, 27 da de Santiago, e 5 da de Ferrol. 

A Consellería de Sanidade reitera que a cidadanía empregue o número 061 só para emerxencias ou casos graves e aconsella utilizar o número gratuíto do 900 400 116 para consultar dúbidas ou síntomas leves de coronavirus.

O Sergas ten a disposición da cidadanía unha páxina web (https://coronavirus.sergas.es), na que se pode consultar información dirixida á poboación, aos profesionais sanitarios e a outros colectivos.