O parque da Xunqueira é a zona proposta polo candidato o PP á Alcaldía, Rafa Domínguez, para habilitar en Pontevedra unha zona deportiva conxunta na que os mozos poidan practicar disciplinas urbanas como BMX, skate e parkour.
Así llo trasladou Domínguez aos representantes dos colectivos Skatepark Xa! e Airtrace, cos que se reuniu acompañado pola secretaria xeral do PP, Pepa Pardo.
O dirixente popular lembrou que o PP presentou en 2016 un proxecto para construír un skatepark na cuberta do tren ao seu paso pola rúa 12 de Novembro, que non frutificou pola negativa do goberno municipal.
Isto provoca, segundo Rafa Domínguez, que moitos mozos pontevedreses teñan que trasladarse a outros municipios como Marín, Sanxenxo ou Vigo para practicar o seu deporte porque en Pontevedra non contan coas instalacións adecuadas para poder facelo.
"Debemos apostar polos nosos mozos porque eles son o futuro da cidade", recalcou o candidato popular, que engadiu que "onde hai mozos hai actividade e onde hai actividade teremos xeración de riqueza".