Con motivo do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, que se conmemora o día 25 de novembro, o Partido Popular organiza unha charla de 'Prevención da Violencia de Xénero e protección policial das vítimas'.
Será de libre acceso o vindeiro martes 22 de novembro ás 20:00 horas na Sede Provincial do PP de Pontevedra, avenida de Raíña Vitoria número 9.
O presidente do Partido Popular de Pontevedra, Rafa Domínguez, e a vicesecretaria de Igualdade e Benestar Social do PP de Pontevedra, Silvia Junco, serán os encargados de presentar o relatorio que dará o exinspector principal de Policía Local, José Ángel Ruibal.
Ruibal é o responsable do grupo de protección de vítimas de violencia de xénero desde o 2006, criminólogo e axente de igualdade. Tamén é profesor colaborador da Academia Galega de Seguridade Pública nas materias de violencia de xénero e doméstica.
Ao longo destes días, os populares irán informando acerca dunha serie de actividades que ofrecerán na cidade e lembran que xa fixeron unha petición para a creación de percorridos seguros para achegar maior seguridade ás mulleres en determinadas horas e espazos de Pontevedra.