Pontevedra rendeu honras un ano máis á súa patroa provincial, a Virxe Peregrina, cunha multitudinaria procesión na tarde-noite do segundo domingo de agosto.
Pasadas as 21:00 da noite a marcha partiu do santuario da Peregrina para percorrer as rúas do centro da cidade ante a atenta mirada de miles de devotos, que acompañaron á comintiva ata o seu regreso, hora e media despois.
A procesión non foi o único acto en honor á Virxe. Horas antes o templo acolleu tamén unha misa solemne presidida polo arcebispo de Santiago, Julián Barrio, e a tradicional ofrenda floral á patroa, realizados este ano o deputado provincial e alcalde de Baiona José Manuel Vázquez Almuiña.