Os policías atacados no Vao foron vítimas dunha emboscada intencionada

Poio
09 de maio 2020

Ademáis dos dous policías locais feridos outros catro axentes da Garda Civil foron atendidos o hospital polas feridas que lles causou o lanzamento de obxectos contra eles por parte dun grupo de residentes no Vao  

Despregamento da Policía Local de Poio e a Garda Civil no Vao de Arriba tras os altercados
Despregamento da Policía Local de Poio e a Garda Civil no Vao de Arriba tras os altercados / Mónica Patxot

O auto do xulgado do penal número 2 de Pontevedra que ordena o ingreso en prisión comunicada e sen fianza para dez veciños do poboado chabolista do Vao, conclúe que os dous axentes municipais de Poio foron vítimas dunha emboscada intencionada ao ser atacados a pedradas e paus nunha acción "conxunta e coordinada".

Estas dez persoas atópanse ingresadas no centro penitenciario da Lama como presuntos autores de dous delitos de atentado, dous delitos de desorde pública e os delitos de lesións e danos.

O atestado policial, que segundo o maxistrado está apoiado en "indicios sólidos", explica que este violento ataque tivo a súa orixe na detención dun residente deste asentamento marxinal, na tarde do pasado luns, por infrinxir as restricións do estado de alarma.

O mozo tivo que ser reducido por axentes da Garda Civil tras mostrarse agresivo con eles e tentar agredirlles, advertíndolles que "si no me soltáis no vais a salir vivos de aquí".

O detido reclamou a berros a intervención doutros veciños do poboado, que rodearon á patrulla da Garda Civil con paus, bates de  béisbol, pedras e machadas, o que levou a un dos axentes para sacar a súa arma "ao temer pola súa vida e pola do seu compañeiro", sinala o auto.

Catro dos axentes do instituto armado foron atendidos o hospital polas feridas que lles causou o lanzamento de obxectos contra eles, antes de marcharse do lugar co detido.

ASÍ FOI A EMBOSCADA

Media hora despois, o 112 Galicia recibiu unha chamada na que alertaba de que estaba a producir unha disputa nas inmediacións do poboado, polo que dous axentes da Policía Local de Poio acudiron ao lugar.

Ao chegar, os axentes comprobaron que dous vehículos estaban a seguirlles e, á altura das primeiras vivendas do Vao, atopáronse cun grupo de persoas obstaculizando a estrada e, un dos seus integrantes, que portaba un pau díxolles "venid, venid".

Un dos vehículos que lles perseguían embistió ao coche policial por detrás e a turba comezou a golpear o coche e romper os portelos e mesmo, segundo consta no auto xudicial, un tronco de grandes dimensións golpeou a un dos policías a través dunha das xanelas.

O axente que conducía o coche, diante desta situación, tratou de acelerar para marchase pero corenta metros máis adiante recibiron numerosos golpes de obxectos que lles lanzaban os participantes deste ataque en grupo, entre eles varios menores.

Ambos os policías, tras lograr fuxir do lugar, foron hospitalizados polas feridas sufridas.

A chamada produciuSE "con intención de facer acudir aos axentes e atentar contra eles"

Os investigadores lograron pescudar que a chamada de alerta ao 112 Galicia foi realizada por un dos dez detidos, polo que entenden que se produciu "con intención de facer acudir aos axentes e atentar contra eles".

Todos estes feitos, sinala o titular do xulgado do penal número 2 de Pontevedra, están "apoiados" pola declaración dos propios axentes, os vídeos que se difundiron a través das redes sociais, as asistencias do persoal sanitario, os danos nos coches, a chamada ao 112 e as gravacións dos propios vehículos patrulla.