Se hai unha tapa estrela nos furanchos galegos esa é, sen dúbida, os pementos de Padrón. Ao ver a normativa que ultima o Concello de Pontevedra para regular este sector, moitos se estranaron ao ver que non era unha das cinco tapas que se ían a servir neles. Pero os furancheiros rectificaron. Optaron, tras unha votación interna, por non servir empanada ou empanadillas e optar polos pementos de Padrón.
ÿ a única novidade do último paso que esta ordenanza reguladora dos furanchos deu antes da súa aprobación definitiva, que se producirá no próximo pleno da corporación municipal. O documento recibiu o voto favorable e unánime dunha comisión extraordinaria de Urbanismo, o departamento que dirixe Antón Louro e que impulso esta ordenanza hai xa algúns meses.
Cando entre en vigor esta ordenanza, os furanchos pontevedreses poderá abrir entre o 1 de marzo ao 31 xuño. Cada local poderá abrir un máximo de tres meses. Inclúese tamén un listado conxunto de tapas que se servirán nos furanchos (táboa de embutidos-queixos, orella-chourizos, zorza-raxo, tortilla de patacas e pementos de Padrón). O horario será de 17.00 a 00.00 horas de luns a venres e de 12.00 a 01.00 horas en fins de semana e vésperas de festivo.
Os establecementos furancheiros, que só se permitirán nas zonas rurais de Pontevedra, terán ademais prohibida a sinalización do furancho a través de calquera panel ou indicativo que non sexa unha folla de loureiro, tal e como establece a normativa. O viño que se venda terá que ser colleitado no término municipal de Pontevedra ou na súa bisbarra e deberán identificarse co distintivo "Furanchos de Pontevedra", que servirá para garantir ao cliente a legalidade dos furanchos e o seu control de calidade.
Ademais, créase o Rexistro Municipal de Furanchos de Pontevedra, no que os establecementos furancheiros terán que inscribirse obrigatoriamente para obter o permiso de actividade, regularizar a súa actividade e adaptala á lexislación vixente en materia urbanística, de prevención de riscos e sanitaria, así como ás normativas sectoriais galegas. Á parte, o establecemento deberá dispor dunha póliza de responsabilidade civil que garanta os posibles danos ou problemas derivados da súa actividade ata un importe de 90.000 euros.