Os pazos de Fefiñáns e Casalnovo e a Estación Fitopatolóxica Areeiro incorpóranse á Ruta da Camelia

Pontevedra
08 de maio 2024

A Ruta da Camelia, o itinerario turístico deseñado pola Xunta de Galicia ao redor deste recurso natural, vén de incrementar o seu número de espazos con seis novas incorporacións  

A Deputación celebrou a inclusión dos xardíns da Estación Fitopatolóxica Areeiro na Ruta dos Xardíns da Camelia de Galicia
A Deputación celebrou a inclusión dos xardíns da Estación Fitopatolóxica Areeiro na Ruta dos Xardíns da Camelia de Galicia / Deputación de Pontevedra

A Ruta da Camelia, o itinerario turístico deseñado pola Xunta de Galicia ao redor deste recurso natural, vén de incrementar o seu número de espazos con seis novas incorporacións que fortalecerán este produto turístico e permitirán afondar na diversificación da oferta fóra de temporada alta. 

Así o acordou este mércores o Comité da Camelia de Galicia que é o órgano creado polo Goberno autonómico e formado por distintas entidades que avalían as posibles incorporacións ao itinerario.

Ao abeiro deste acordo, incorpóranse á Ruta da Camelia a Estación Fitopatolóxica Areeiro, en Pontevedra; o Pazo de Casalnovo, en Caldas de Reis; e o Pazo de Fefiñáns, en Cambados.

Además súmanse o Pazo de Faramello, na Coruña; a Fundación Camilo José Cela, en Padrón e o Hotel Spa A Quinta da Auga, en Santiago de Compostela.

A partir de agora a Ruta pasa de ter 13 lugares singulares no seu percorrido a 19. 

Galicia posiciónase deste xeito como referente internacional no cultivo e produción desta planta, chegando na actualidade a atesourar case 2.500 cultivares diferentes de camelia. É o único destino en Europa con tanta variedade de camelias e con tanta tradición en coleccionismo, onde viven algunhas das cameiias máis antigas de España e máis lonxevas de Europa.