Os partidos suspenden os actos de campaña polo accidente de tren no Porriño

Pontevedra
09 de setembro 2016

O presidente provincial do PP, Alfonso Rueda, suspendeu a visita á Praza de Touros para supervisar as instalacións de cara ao mitin previsto para mañá en Pontevedra coa presenza de Mariano Rajoy e Alberto Núñez Feijóo. Ata o lugar tamén se desprazou a presidenta da Deputación, Carmela silva

Accidente ferroviario no Porriño
Accidente ferroviario no Porriño

A Xunta de Galicia trasladou as condolencias ás familias dos falecidos e dos feridos no accidente do tren ocorrido este venres no Porriño.

O vicepresidente da Xunta de Galicia e presidente provincial do PP, Alfonso Rueda, tiña previsto supervisar as instalacións da Praza de Touros para o mitin que o Partido Popular vai desenvolver este sábado no coso de San Roque. Con todo, Rueda desprazábase a primeiras horas da mañá ata O Porriño no momento en que lle trasladaban a noticia do accidente ferroviario.

O mesmo sucedía coa presidenta da Deputación, Carmela Silva, que decidía non presidir a xunta de goberno da institución provincial para dirixirse cara ao lugar do sinistro.

Todas as agrupacións decidiron suspender os actos de campaña electoral previstos para esta xornada do venres.

Arquivado en