O Concello de Marín está traballando na programación do Entroido 2017 e pronto verá a luz o cartel así como os trípticos que se publicitarán. Dará comezo o xoves 16 de febreiro coas xornadas Reencontro coa historia de Marín e concluirá co desfile do Entroido de San Xulián o domingo 26 de marzo.
O desfile infantil polas rúas do centro da villa celebrarase o sábado 25 a partires das 16:30 horas, previa inscripción no palco da música na Alameda Rosalía de Castro.
A comparsa Os Parrulos, os máis chulos será este ano a encargada da lectura do pregón o domingo día 26 de febreiro as 13.15 horas na Alameda e a mañá estará amenizada pola Charanga Noroeste. Ese mesmo día pola tarde, ás 17.00 horas dará comezo o gran desfile de disfraces e carrozas que saldrá como é habitual da Praza do Regueiro e rematará no parque Eguren.
O luns 27 pola mañá celebrarase a tradicional Festa do Merengue na Lameiriña, e pola tarde terá lugar a Festa Infantil amenizada por unha verbena, coa organización de Amigos dos rapaces.
Outra das convocatorias infantís será o martes 28 a partir das 17 horas coa Festa Infantil organizada polo Concello no Multiusos. Música, animación, sorteos e demáis rematará cunha chocolatada. Para rematar o día, haberá o concurso de orellas e filloas organizado polo Ateneo Santa Cecilia.
O mércores 1 de marzo, Marín vestirá de luto para enterrar a sardiña coa súa tradicional despedida no mar. O seu velatorio estará aberto desde as 17 horas no palco da música.
O sábado 4 de marzo, organizado polo Grupo Cultural Ronsel, terá lugar o Entroido en Seixo, co seu particular desfile e a partires das 18 horas, un baile de disfraces amenizado polo dúo Karamelo.
O domingo 5 de marzo, na Alameda Rosalía de Castro, disfrutarase do Bolo do Pote, Urralas Olas e máis xogos populares organizados pola Asociación Cultural Fentos e Froumas e Asociación Cultural de Santo Tomé de Piñeiro. Todo amenizado polo grupo folclorico Anxuiña.
Xa para concluir o programa, o domingo 26 de marzo, sairá o desfile de entroido en San Xulián organizado por Os da Caña.
As actividades son variadas e pretenden dinamizar esta festa tan arraigada, co desfile que ano a ano conta con moita participación e onde se espera unha gran afluencia de público, de disfraces, de grupos e de comparsas.