Os novos policías locais toman posesión dos seus cargos

Marín
13 de decembro 2023

En Sanxenxo incorporouse Patricia Penavella que tras pasar dous veráns en prácticas en Sanxenxo coñece perfectamente o método de traballo da comisaría e en Marín tomou posesión David Malvido

O policía local David Malvido toma posesión do seu cargo en Marín
O policía local David Malvido toma posesión do seu cargo en Marín / Concello de Marín

O alcalde Telmo Martín presidiu este mércores a toma de posesión da nova axente, Patricia Penavella, que se incorpora ao persoal da Policía Local de Sanxenxo. Ao acto, que tivo lugar no salón de Plenos, asistiron o concelleiro de Seguridade Cidadá, Xoán Pérez, así como compañeiros da axente. 

Penavella, natural de Arcade, xurou o seu cargo para incorporarse á actividade no municipio. Tras pasar dous veráns en prácticas en Sanxenxo coñece perfectamente o método de traballo da comisaría. "El buen ambiente que hay en esta comisaría y el trabajo en la calle hicieron que Sanxenxo fuese siempre mi primera opción como destino", asegura Penavella.

O alcalde deulle a benvida e agradeceulle que elixise Sanxenxo para desenvolver a súa vida laboral. "A Policía Local forma parte da carta de presentación do noso concello como municipio turístico e tamén é o servizo ao que recorren en primeira instancia un veciño ou veciña que precisa axuda. É esencial que funcione ben. Benvida a Sanxenxo", dixo. A Policía Local queda agora formada por 20 axentes sendo unha dos poucos persoais da comarca que atende as 24 horas durante todo o ano.

En Marín a alcaldesa María Ramallo, xunto co xefe da Policía Local, Benigno Area, recibiron ao novo axente, David Malvido Currás, natural de Loira e que se incorpora ao corpo de seguridade local.

A rexedora desexoulle "toda a sorte do mundo" para desempeñar o seu traballo, "que é esencial para toda a cidadanía pero que tamén ten momentos duros e complexos".

--