Os nenos, protagonistas na inauguración da praza do hospital

Pontevedra
30 de marzo 2016

Este xoves 31 de marzo o Concello de Pontevedra inaugurará a nova praza do hospital, nun acto aberto a todos os pontevedreses

Nova praza fronte ao Hospital Provincial
Nova praza fronte ao Hospital Provincial / PontevedraViva

Este xoves 31 de marzo inaugurarase a nova praza do hospital, cuxas obras comezaron o pasado 7 de outubro, nun acto aberto a todos os pontevedreses e no que os nenos terán un especial protagonismo. 

A tarde será amenizada con xogos infantís que empezarán ás 17:30 horas, contando ademais cunha actuación musical ás 19:45 horas. 

O obxectivo desta nova praza, segundo o Concello, é gañar espazo para os peóns e anunciou no seu momento o interese en ampliala ata rúa Antón Fraguas.

A nova praza conta con 1.200 metros cadrados, feita con plataforma única combinando formigón, granito e lousa. O espazo complétase con mobiliario urbano e árbores para crear espazos de sombra.

O prezo da obra foi de 335.000 euros.