Os nenos aprenderán seguridade viaria con karts en Mollabao

Pontevedra
23 de setembro 2015

O Circuíto de Educación Viaria de Mollabao acollerá o vindeiro sábado 26 de setembro desde as 10 da mañá e ata as 14 horas, a xornada "Ponte(vedra) a Conducir"

Circuíto de Seguridade Vial de Mollabao
Circuíto de Seguridade Vial de Mollabao / Concello de Pontevedra

O Circuíto de Educación Viaria de Mollabao acollerá o vindeiro sábado 26 de setembro desde as 10 da mañá e ata as 14 horas, a xornada "Ponte (vedra) a Conducir".

Trátase dunha actividade de Educación viaria dirixida a nenos de idades entre 3 e 14 anos que percorrerán o circuíto en karts eléctricos e a pedais, ademais de bicicletas.

Ademais, os voluntarios de Cruz Vermella farán un taller sobre primeiros auxilios para nenos e axentes da Garda Civil e da Policía Local de Pontevedra, expoñerán os medios que contan para a seguridade viaria.

É o segundo ano no que se desenvolve esta actividade, e do mesmo xeito que na pasada edición, celebrarase un Concurso de debuxo dedicado, como non, á Seguridade Viaria.

Os organizadores desta iniciativa son a Garda Civil de Tráfico de Pontevedra, a Xefatura Provincial de Tráfico, a Policía Local de Pontevedra, a Federación de Asociacións de Nais e País de Alumnos (FANPA), a empresa Ttinnova e a Plataforma Moteira para a Seguridade Viaria.

As inscricións téñense que realizar a través da Fanpa sita en Pontevedra na Rua Xan Guillermo Nº 9, tamén a través do mail: actividades@nontedurmas.org ou no teléfono 986 84 34 12, todo iso en horario de oficina de 9:00 a 14:00.