Os nenos acenden o Nadal en Ponte Caldelas

Ponte Caldelas
30 de novembro 2019

Árbores, bolas colgantes, petróglifos, unha caixa de regalos e ‘lágrimas’ nas camelias e na ponte de madeira puxéronlle na noite deste venres luz ao Nadal de Ponte Caldelas. Xa quedou acendida a iluminación especial para esta época do ano

Iluminación de Nadal de Ponte Caldelas
Iluminación de Nadal de Ponte Caldelas / Concello de Ponte Caldelase

Árbores, bolas colgantes, petróglifos, unha caixa de regalos e ‘lágrimas’ nas camelias e na ponte de madeira puxéronlle na noite deste venres luz ao Nadal de Ponte Caldelas. Xa quedou acendida a iluminación especial para esta época do ano

A cativada de Ponte Caldelas foi a encargada de acender o alumeado de Nadal, do que o Concello destaca que é "o mellor da historia", que ten como principais reclamos unha árbore de dez metros a carón da Fonte Luminosa, unha caixa de regalo a carón da troita e a xa tradicional árbore a carón da fonte da Praza do Bispo.

No balcón do consistorio están os xa tradicionais petróglifos e as novidades deste ano son as 'lágrimas' que decoran a ponte de madeira e as camelias da Praza do Bispo e as bolas colgantes na Alameda de Ponte Caldelas.

O alcalde de Ponte Caldelas, Andrés Díaz, decidiu que os máis pequenos do municipio o acompañaran e os nenos foron os encargados de pulsar o botón que acendeu todas as luces.