Os mariñeiros de Mauritania substitúen a manifestación por un acto na Praza de Abastos

Marín
13 de decembro 2012

O responsable da CIG-Mar, Xabier Aboi, explicou que adoptaron a decisión de cambiar a mobilización a causa das previsións meteorolóxicas, que apuntan a un forte temporal, polo que optaron por trasladar a protesta á sala multiusos da Praza de Abastos de Marín. O acto público dará comezo ás 20.30 horas

Mariñeiros da flota cefalopodeira que faenaba en augas de Mauritania
Mariñeiros da flota cefalopodeira que faenaba en augas de Mauritania / PontevedraViva

Os mariñeiros da flota cefalopodeira galega que faenaba no caladoiro mauritano decidiron hoxe en asemblea substituír a manifestación prevista para este venres por un acto na Praza de Abastos de Marín ante a previsión de temporal.

O responsable da CIG-Mar, Xabier Aboi, explicou que adoptaron a decisión de cambiar a mobilización a causa das previsións meteorolóxicas, que apuntan a un forte temporal, polo que optaron por trasladar a protesta á sala multiusos da Praza de Abastos de Marín.

O acto público dará comezo ás 20.30 horas

O acto público dará comezo ás 20.30 horas.

Os afectados/as tamén acordaron abandonar este venres ás 18.30 horas o peche que manteñen no Concello de Marín.

Antes, ás 12.30 horas, recibirán a visita da eurodiputada o BNG, Ana Miranda.

Arquivado en