Os mariñeiros de mauritania se manifestarán o 14 de decembro en Marín

Marín
04 de decembro 2012

Os mariñeiros de Mauritania proseguen as mobilizacións e teñen convocada unha gran manifestación o día 14 de decembro, que sairá ás 20:30 horas da Alameda de Marín. Previamente, o luns próximo, os afectados reuniranse en asemblea en Marín, a partir das 11:00 horas, para decidir novas accións a levar adiante  

Mariñeiros de Mauritania ante o Instituto Social de la Marina, Vigo
Mariñeiros de Mauritania ante o Instituto Social de la Marina, Vigo

Un grupo duns cen mariñeiros e armadores da flota cefalopodeira galega que faenaba no caladoiro mauritano protagonizaron este martes un peche nas dependencias do Instituto Social da Mariña de Vigo, co obxecto de aclarar que problemas existen nos expedientes de solicitude das axudas pactadas, xa que dos máis de cen afectados tan só 20 van recibir a prestación no mes de decembro.

Ademais, xa anunciaron que proseguen as mobilizacións e teñen convocada unha gran manifestación o día 14 de decembro, que sairá ás 20:30 horas da Alameda de Marín.

Previamente, o luns próximo, os afectados reuniranse en asemblea en Marín, a partir das 11:00 horas, para decidir novas accións a levar adiante.

Arquivado en