Os mariñeiros de Mauritania protestan en Conxemar pola reducción das axudas

Marín
02 de outubro 2012

Preto de 200 mariñeiros e armadores acudiron a Vigo á inauguración da Feira Internacional de Productos do Mar Conxelados

Dous meses despois de que a Unión Europea e Mauritania pechasen o acordo que deixaba fóra do caladoiro á frota cefalopodera galega, os mariñeiros e armadores seguen sen cobrar as axudas pactadas. Lonxe diso, os afectados quéixanse dunha rebaixa nas indemnizacións en relación ao que cobran, por exemplo, os tripulantes andaluces que traballaban en Marrocos.

Ante esta situación retomaron as mobilizacións en Vigo en busca dunha reunión que non se produciu coa conselleira de Medio Rural e Mar, Rosa Quintana, e o secretario xeral de Pesca, Carlos Domínguez, participantes na inauguración da feira Conxemar.

Os mariñeiros afectados reclaman que se negocie un novo acordo que lles permita explotar de novo o caladoiro, ao mesmo tempo que critican o atraso nas axudas económicas.

Arquivado en