Os mariñeiros de Mauritania, peche indefinido en Marín

Marín
03 de decembro 2012

Os afectados encerráronse a partir das 11.30 horas deste luns e o secretario xeral de CIG-Mar, Xabier Aboi, anunciou que permanecerán alí sen interrupción "ata que nos digan algo"

Mariñeiros de Mauritania pechados no Concello de Marín
Mariñeiros de Mauritania pechados no Concello de Marín / CIG

Os mariñeiros e armadores afectados polo peche do caladoiro de Mauritana á frota cefalopodera galega manteñen un encerro indefinido no Salón de Plenos do Concello de Marín.

Os afectados encerráronse a partir das 11.30 horas deste luns e o secretario xeral de CIG-Mar, Xabier Aboi, anunciou que permanecerán alí sen interrupción "ata que nos digan algo".

En total encerráronse entre 60 e 70 persoas. A medida acordouse a primeira hora da mañá deste luns, cando os mariñeiros celebraron unha asemblea de urxencia para anlizar as últimas noticias relativas ao cobramento das axudas aprobadas polo Goberno para resarcilos polo peche do caladoiro mauritano.

"O venres ao mediodia enterámonos de que non van pagar, só van cobrar 20 persoas de todo ou colectivo", explica Aboi, de modo que este luns se reuniron en asambea e decidiron retomar as mobilizacións de protesta paralizadas cando tiveron constancia de que cobrarían axudas.

A intención é mesmo recruar esas protestas e non se moverán do salón de plenos "ata que se solucione". A primeira persoa que esperan que reaccione é a alcaldesa de Marín, María Ramallo, que non os recibiu porque tiña reunións pendentes.

"ÿ normal que se faga isto. Se che din que non vas cobrar, que nos queda senón facer isto?", pregúntase Aboi. Segundo indicou, tamén valoraron encerrarse na Deputación Provincial, pero descartárono porque o presidente, Rafael Louzán, non estaba no Pazo Provincial no momento do inicio do encerro.

Arquivado en