Os mariñeiros de Mauritania mobilizaranse ata seren compensados con 45 euros diarios

Marín
30 de setembro 2012

A asemblea de afectados da flota cefalopodeira da un prazo dunha semana ao Executivo para equipar as súas axudas ás recibidas polos pesqueiros andaluces

Mariñeiros de Mauritania concentrados no interior da Deputación de Pontevedra
Mariñeiros de Mauritania concentrados no interior da Deputación de Pontevedra / PontevedraViva

A orde ministerial pola que se regulan as axudas que recibirán os mariñeiros afectados polo peche do caladoiro de Mauritania sentou como un xarro de auga fría no sector. Os perjudiciados amosan o seu rexeitamento frontal a que se lles compense con 37,45 euros diarios fronte aos 45 que perciben os pesqueiros andaluces tras o peche do caladoiro de Marrocos e mobilizaranse se non se emenda o "agravio".

Os mariñeiros celebraron unha asemblea de varias horas na Biblioteca Municipal de Marín para analizar as axudas compensatorias aprobadas polo Ministerio de Agricultura, e que se publicarán nos vindeiros días no Boletín Oficial do Estado (BOE). Ao termo desta, votaron e unha abafadora maioría rexeitou a orde ministerial. Decidiron, así mesmo, que se o Goberno central non os convoca a unha reunión para renegociar as axudas ou non dá marcha atrás iniciarán un calendario de mobilizacións.

A asemblea de afectados polo acordo entre a Unión Europea e Mauritania que pecha os caladoiros do país africano á frota cefalopodera española dan un prazo dunha semana ao Executivo para fixar unha reunión. En concreto, apostan por un encontro de traballo conxunto entre a Consellería de Medio Rural e do Mar; os ministerios de Emprego e Seguridade Social, e de Agricultura, Alimentación e Medio; e o Instituto Social da Mariña e o Goberno de Canarias, unha comunidade tamén afectada polo peche.

Se non reciben unha convocatoria de reunión, botaranse á rúa. O seu primeiro acto de protesta téñeno fixado para o martes 2 de outubro ás 10.30 horas na avenida de Ourense de Marín, sempre pendentes dunha actitude negociadora por parte do Goberno que podería frear a convocatoria.

O voceiro de CIG-Mar, Xabier Aboi, califica a orde ministerial de "pesada" e "pouco operativa" e critica, en especial, o agravio comparativo da frota cefalopodera galega fronte aos pescadores de Andalucia expulsados do caladoiro marroquí. Na súa opinión, o aprobado polo Goberno "rouba diñeiro aos tripulantes galegos en detrimento dos andaluces".

Os mariñeiros de Mauritania "non" van aceptar baixo ningún concepto" que o Goberno lles aboe 7,55 euros diarios menos que aos pescadores de Marrocos, segundo sinalou Aboi, pois "son máis de 200 euros que o rouban a cada tripulante". Nesta liña, critica a "incapacidade" do Goberno para "arranxar as cousas, que cada vez as lían máis".

Arquivado en