Os mariñeiros da flota cefalopodeira acudirán o luns a Bruxelas

Marín
17 de xaneiro 2013

Reclaman que se prorroguen as prestacións durante os meses que permanezan en terra e, fundamentalmente, que se modifique o acordo pesqueiro con Mauritania. Por iso os mariñeiros da flota cefalopodera expulsados deste caladoiro africano, acudirán o luns a Bruxelas para seguir o debate que se celebrará no Parlamento Europeo

Reclaman que se prorroguen as prestacións durante os meses que permanezan en terra e, fundamentalmente, que se modifique o acordo pesqueiro con Mauritania.

Por iso os mariñeiros da flota cefalopodera expulsados deste caladoiro africano, acudirán o luns a Bruxelas para seguir o debate que se celebrará no Parlamento Europeo.

O secretario xeral de CIG-Mar, Xabier Aboi, explicou que o presidente da Comisión de Pesca da Unión Europea, Gabriel Mato, presentará o luns unha proposta de acordo para anular o convenio asinado en xullo entre Europa e Mauritania, que supuxo o desfiuzamento da flota galega.

Segundo o informe elaborado polo popular Gabriel Mato, o caladoiro atópase agora ocupado por 200 arrastreiros chineses. "Descobren agora ou que levamos decindo dende hai meses", comentou Aboi.

O caladoiro atópase agora ocupado por 200 arrastreiros chineses

Detalla, Xabier Aboi, que o Goberno de Nuakchot tiña un acordo pesquero de longa duración coa multinacional chinesa Poly Hondong Pelagic Fisheries por un importe de 100 millóns de dólares e 25 anos.

A cambio das licenzas de pesca a compañía comprometíase a construír unha factoría e a xerar 2.500 postos de traballo. Con todo, apenas creou 250 empregos, polo que o Estado Mauritano decidiu suspender as licenzas de pesca.

"Parece que non pagaban a mordida, os chineses pagábanlle aos xerais pero os subalternos tamén querían cobrar, iso é parte dá historia desas costas. O Estado Español tiña que aproveitarse desto e non o fai", sinala Xabier Aboi.

"O normal e que o Goberno do Estado e a Xunta foran alá nunha visita porque hai forma de volover a meter os barcos, o que non podemos e estar paralizados", concluíu o secretario xeral de CIG-Mar.

Arquivado en