Os maiores expertos do Estado en oftalmoloxía actualizarán os seus coñecementos en Pontevedra

Pontevedra
09 de outubro 2023

Pontevedra volve ser sede do prestixioso congreso de oftalmoloxía 'Lifelong Learning Curso do Atlántico'

O alcalde recibe a Pedro Corsino e Saskia Aguado
O alcalde recibe a Pedro Corsino e Saskia Aguado / Mónica Patxot

Pontevedra volve ser sede, por cuarta ocasión, sede do prestixioso congreso de oftalmoloxía 'Lifelong Learning Curso do Atlántico' que reune aos maiores expertos neste campo en todo o Estado para actualizar os seus coñecementos.

O evento está organizado pola empresa Bausch + Lomb e desenvolverase os días 27 e 28 de outubro no Auditorio de Afundación. 

O curso está dirixido polo Doutor Pedro Corsino Fernández Vila e contará coa presenza de grandes profesionais de cada un dos ámbitos que aborda cun "elevadísimo nivel científico". 

A primeira xornada, que congrega a profesionais do sector chegados de toda España dedica a mañá á insuficiencia límbica, a oftalmopediatría, a neurooftalmoloxía e o glaucoma. As sesións de tarde profundarán na oculopastia, o queratocono e a cirurxía de córnea.

O progama do sábado ocúpase das cataratas e a retina médica e cirúrxica.

Saskia Augado, directora médica para Baush+Lomb en España e Portugal, explicou que esta cuarta edición do Curso do Atlántico "para nosotros Pontevedra es una ciudad que, no solamente reúne las condiciones que necesitamos para un curso como este, sino que también tiene un encanto especial", afirmou Saskia Augado en referencia. "Las calles tienen su personalidad, la gastronomía es buena, el entorno y el ambiente que se crea, incluso cuando llueve, nos gusta".

"El feedback que tenemos de las anteriores ocuasiones es bueno y por eso seguimos apostanto por volver aquií y por continuar con este curso", engadiu.