O Concello de Moraña vai realizar un buzoneo para informar os veciños maiores de 60 anos sobre o novo servizo extraordinario que pon en marcha para que esta poboación do municipio poida continuar cos talleres de actividades físicas e psicosociais que ofertaba, ou que se incorporen ás mesmas quen así queiran facelo.
Dadas as restricións ás que obriga a pandemia non é posible manter a actividade presencial; algo polo que a alcaldesa, Luisa Piñeiro, pide desculpas polas molestias que conleva e avanza que se retomarán cando a normativa permítao e sexa con todas as condicións de seguridade sanitaria necesarias.
Desta forma, recibirán nos seus domicilios uns protocolos de exercicio físico e psicosocial. Ademais, as persoas interesadas en recibir mensualmente os folletos informativos con actividades, poden solicitalo na Biblioteca Municipal chamando ao teléfono 986 552809 ou enviando un correo electrónico a [email protected]
Ofrécese de igual forma un servizo de atención telefónica directa co monitor deportivo no teléfono 648 916 114 de forma que as persoas maiores que precisen aclarar dúbidas sobre a práctica dos exercicios físicos que se entreguen poidan chamar.