Os Magos de Oriente percorreron Sanxenxo en descapotables repartindo 600 quilos de caramelos

Sanxenxo
05 de xaneiro 2024

A choiva concedeu unha tregua e as súas maxestades puideron viaxar en Mustangs descapotables para desprazarse polas rúas do municipio saudando ás familias mentres que os paxes fixérono a lombos de cabalos.

Cabalgata de Reis en Sanxenxo
Cabalgata de Reis en Sanxenxo / Concello de Sanxenxo

Más de 600 quilos de caramelos repartíronse este venres na Cabalgata de Reis de Sanxenxo.

A comitiva real saíu ás catro e media da tarde da lonxa de Portonovo e chegou pasadas as seis ao Ice Park de Sanxenxo despois de percorrer Rafael Picó, Avenida de Galicia, Punta Vicaño e o Paseo de Silgar.

A choiva concedeu unha tregua e as súas maxestades puideron viaxar en Mustangsdescapotables para desprazarse polas rúas do municipio saudando ás familias mentres que os paxes fixérono a lombos de cabalos.

O Tren Mago pechou o séquito cos nenos de Sanxenxo gañadores do sorteo que se fixo polos colexios.

As familias puideron saudar aos Reis Magos, Melchor, Gaspar e Baltasar, durante a recepción no recinto do aparcadoiro de Nauta.