Os hospitais galegos necesitan unha media de 500 doazóns de sangue diarias

Pontevedra
29 de marzo 2021

Os horarios de doazón no Hospital Provincial de Pontevedra son: Luns e venres das 08.00 as 15.00 horas e martes, mércores e xoves das 15:00 as 22:00 horas. É necesaria a colaboración de todos os doantes pero moi especialmente, dos grupos A+, A-, O+ e B-, xa que as reservas destes grupos presentan niveis baixos

Caseta de doazón de sangue no Hospital Provincial
Caseta de doazón de sangue no Hospital Provincial / Mónica Patxot

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS), fai un chamamento xeralizado á participación da cidadanía para aumentar as reservas de todos os grupos sanguíneos.

Nestes momentos, faise necesaria a colaboración de todos os doantes pero moi especialmente, dos grupos A Positivo, Cero Positivo, A Negativo e B Negativo. Segundo ADOS, as reservas destes catro grupos presentan niveis baixos, polo que resulta preciso reforzar o permanente chamamento á participación nas campañas de doazón.

A Axencia convida ós cidadáns a doar, debido a que o aumento na demanda de compoñentes sanguíneos, por mor do incremento da actividade asistencial e dos transplantes de órganos, rexistrouse unha diminución nos niveis de reservas. A Consellería de Sanidade recorda que os hospitais galegos precisan unha media de 500 doazóns diarias para levar a cabo axeitadamente o seu labor asistencial.';>';>'">';>'">

ADOS agarda, novamente, contar coa participación dos cidadáns e, para iso, ofrecerá as máximas facilidades para doar en toda Galicia. No caso de Pontevedra estas doazóns realizaranse na caseta de doazóns do Hospital Provincial durante esta semana no seguinte horario: ';>';>'">';>';>

  • Luns e venres de 08.00 a 15.00 horas';>';>'">';>';>
  • Martes, mércores e xoves de 15:00 a 22:00 horas';>';>'">';>';>

 

QUEN PODE DOAR?

Segundo ADOS, pode doar sangue calquera persoa de máis de 18 anos, que pese máis de 50 quilos e que non padeza nin teña padecido enfermidades transmisibles polo sangue (VIH, hepatite B ou C,...). A doazón de sangue é un acto sinxelo que permite a moitas persoas solucionar o seu problema de saúde e, mesmo, salvar a súa vida.

Para máis información, pódese consultar a páxina web da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue ou chamar ao teléfono gratuíto: 900 100 828 para resolver calquera dúbida. Tamén é posible solicitar cita previa para maior comodidade dos doantes. ';>';>';>';>'">';>';>';>'">