Os híbridos ábrense camiño na comisaría de Pontevedra

Pontevedra
26 de marzo 2021

Dous destes novos coches sumáronse ao parque da comisaría de Pontevedra, mentres que para as de Marín e Vilagarcía hai un para cada unha. Os catro restantes, son para Vigo. Concretamente trátase do modelo Peugeot 3008, transformados como radiopatrullas uniformados tipo Z

Novos coches híbridos da Policía Nacional
Novos coches híbridos da Policía Nacional / Policía Nacional

Modernizar o parque automobilístico policial e avanzar nunha progresiva descarbonización da frota. É o obxectivo que se marcou a Policía Nacional, que incorporou oito vehículos híbridos enchufables á súa frota na provincia de Pontevedra.

Dous destes novos coches sumáronse ao parque da comisaría de Pontevedra, mentres que para as de Marín e Vilagarcía hai un para cada unha. Os catro restantes, son para Vigo.

Concretamente trátase do modelo Peugeot 3008, transformados como radiopatrullas uniformados tipo Z.

En total, a Policía Nacional incorporou 300 vehículos destas características en toda España, aos que suman os 548 xa existentes e outros 268 coches híbridos enchufables camuflados, coñecidos como vehículos K, que chegarán en xullo.

Dentro desta estratexia de renovación, as autoridades policiais están a tramitar na actualidade un expediente para a instalación de 200 puntos de recarga para vehículos eléctricos nos edificios policiais, para adaptalos á nova realidade en materia de automoción.