Os grupos políticos pontevedreses reuniranse o venres para preparar a toma de posesión

Pontevedra
27 de maio 2015

O secretario do pleno informará os políticos dalgunhas cuestións como o mecanismo da toma de posesión, a presentación das declaracións de bens que deben achegar os concelleiros ou a constitución da mesa de idade que estará conformada por dous edís do BNG, o máis novo Alberte Oubiña Piai, de 23 anos e Vicente García Legísima, o máis veterano

Pleno do concello de Pontevedra
Pleno do concello de Pontevedra

O alcalde en funcións do Concello de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, convocou para este venres 29 de maio unha reunión cos voceiros de todos os grupos que obtiveron representación municipal tras as eleccións do pasado domingo.

Os voceiros do BNG, Partido Popular, PSOE, Marea Pontevedra e Ciudadanos acudirán á casa do concello para abordar os preparativos do próximo pleno municipal no que se constituirá a nova corporación.

O secretario do pleno informará os políticos dalgunhas cuestións como o mecanismo da toma de posesión, a presentación das declaracións de bens que deben achegar os concelleiros ou a constitución da mesa de idade que estará conformada por dous edís do BNG, o máis novo Alberte Oubiña Piai, de 24 anos e Vicente García Legísima, o máis veterano.

O rexedor en funcións adiantou que el é partidario de que se habilite unha quenda de intervención para cada un dos grupos políticos, ademais do propio discurso do alcalde, unha vez que este sexa elixido.

Fernández Lores sinalou que este será o primeiro encontro que manteñan todas as formacións políticas e que esta semana non haberá ningún outro tipo de contacto para abordar un posible pacto de goberno.

Arquivado en