Os gardacostas requisan 235 nasas de polbo sen identificar na Ría de Pontevedra

Pontevedra
16 de xaneiro 2017

Na ría de Pontevedra requisaron 282 útiles e preto de 54 quilos de especies. A actuación máis relevante das realizadas nesta ría os axentes incautaron 235 nasas de polbo sen identificar e comisaron 33 quilos de polbo e 2,6 quilos de nécora  

Nasas incautadas na Ría de Pontevedra
Nasas incautadas na Ría de Pontevedra / Xunta de Galicia

Axentes do Servizo de Gardacostas de Galicia requisaron 235 nasas de polbo sen identifica en diferentes controis realizados na Ría de Pontevedra nos últimos días

Segundo informou a Consellería do Mar, da que dependen os gardacostas, nos últimos días os axentes requisaron preto de 900 útiles e de 900 quilos de peixe e marisco en diferentes controis e fixéronse con 2.200 metros de artes de enmalle. 

Na ría de Pontevedra requisaron 282 útiles e preto de 54 quilos de especies. A actuación máis relevante das realizadas nesta ría os axentes incautaron 235 nasas de polbo sen identificar e comisaron 33 quilos de polbo e 2,6 quilos de nécora.  

A Ría de Arousa foi escenario de varios operativos que se saldaron coa incautación de 729 quilos de peixe e marisco e co comiso de 132 útiles e de 2.200 metros de artes de enmalle.