Os gardacostas intensifican a loita contra os furtivos días antes da Semana Santa

Pontevedra
10 de abril 2017

Axentes do servizo de Gardacostas de Galicia, dependente da Consellería do Mar, requisaron máis de 127 quilos de distintas especies e de 310 útiles na ría de Pontevedra

Barcos amarrados
Barcos amarrados /

Axentes do servizo de Gardacostas de Galicia, dependente da Consellería do Mar, requisaron máis de 127 quilos de distintas especies e de 310 útiles na ría de Pontevedra.

A actuación máis relevante  realizada nesta ría foi na illa de Onza e nela os axentes requisaron 131 nasas por estar sen balizar e en zona prohibida, 40 quilos de polbo e 10 quilos de distintas especies de peixe.

A ría de Arousa tamén foi escenario de distintas actuacións nas que os gardacostas tamén fixeron varios controis que se saldaron co comiso de preto de 152 quilos de distintas especies de peixe e marisco e coa incautación de 30 útiles e de  850 metros de artes de enmalle. Unha das actuacións realizouse en Corrubedo e saldouse co comiso de 30 quilos de mexillón e nove quilos de percebe.

Estes son os resultados de distintos controis de comercialización e de loita contra o furtivismo por mar e terra, que a Consellería do Mar está a intensificar nos días previos a Semana Santa.