Os galegos votan ao PP "por costume"

Pontevedra
01 de outubro 2016

Durante cinco días PontevedraViva mantivo activa unha enquisa preguntando aos lectores "Por que votan os galegos ao Partido Popular?" e a resposta maioritaria foi "por costume". Na consulta participaron 406 persoas

Visita de Alberto Núñez Feijóo a Pontevedra
Visita de Alberto Núñez Feijóo a Pontevedra / Cristina Saiz

Durante cinco días PontevedraVivamantivo activa unha enquisa preguntando aos lectores "Por que votan os galegos ao Partido Popular?" e a resposta maioritaria foi "por costume".

Na consulta participaron 406 persoas.

O 26% de quen interveu nesta sondaxe consideran que en Galicia votar ao PP é xa algo tradicional.

Curiosamente a segunda resposta máis votada, cun 22% foi o "medo ao caos", que foi un dos argumentos empregados durante toda a campaña electoral polo candidato vencedor, Alberto Ñúñez Feijóo, en referencia á inestabilidade política existente en España alertando da "lea dos multipartitos".

A terceira opción elixida para explicar "Por que votan os galegos ao Partido Popular?" foi a "xestión da Xunta", cun 17%.

Outras opcións eran "pola falta de alternativa política" (14%), "por Alberto Núñez Feijóo" (11%) e a menos votada foi "por ideoloxía" (6%).

PontevedraViva agradece a súa participación a todos os que votaron na enquisa.

Arquivado en