A semana grande das festas de Pontevedra comezou de maneira espectacular cun gran despregamento de fogos artificiais que iluminaron o ceo da cidade.
Miles de persoas congregáronse para presenciar o espectáculo lumínimo, que tivo lugar no espazo situado entre a ponte do Burgo e a ponte de Santiago.
Co ceo despexado e unha temperatura agradable, o ambiente foi perfecto para gozar da noite festiva e colorida.
DISPOSITIVO ESPECIAL DE TRÁFICO
Ao longo das Festas da Peregrina están previstas dúas tiradas máis de fogos artificiais os días 15 e 18 de agosto.
Para cada unha delas, o Concello ten preparado un dispositivo especial de tráfico ao redor da zona de lanzamento, situada fronte ao Pavillón Municipal.
Nestas xornadas está prohibido estacionar desde as 15:00 horas ata ás 08:00 (do día seguinte que corresponda) no propio estacionamento e nas rúas Xoan Manuel Pintos, o tramo da avenida de Compostela entre a esquina de Rafael Areses e o Pavillón Municipal.
Ademais, está prohibido circular entre as 23.00 horas e as 01.00 horas desde a ponte das Correntes ata a ponte dos Tirantes (avenida de Buenos Aires), Rafael Areses, e Avenida de Compostela (desde a rotonda de Pasarón e ata o cruzamento con Cruz Vermella) e Xoan Manuel Pintos.