Os expertos apuntan que este outono "será normal en canto a chuvia e temperatura"

Pontevedra
19 de setembro 2017

Este outono "será normal en canto a chuvia e temperatura". Así o apuntou a directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, Cruz Ferreira, que este martes presentou en rolda de prensa o balance climatolóxico correspondente á estación do verán, que foi definida como moi cálida e seca

Dúas persoas nun banco nun parque en outono
Dúas persoas nun banco nun parque en outono / Juan Mejuto

Este outono "será normal en canto a chuvia e temperatura". Así o apuntou a directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, Cruz Ferreira, que este martes presentou en rolda de prensa o balance climatolóxico correspondente á estación do verán, que foi definida como moi cálida e seca.

Cruz Ferreira avanzou que será un outono "no que cabe esperar o paso de abundantes frontes asociadas a borrascas atlánticas, con entradas posteriores de aire frío e pausas anticiclónicas, que deberían ir perdendo frecuencia".

A directora xeral referiuse ás previsións de cara ao outono, tomando como referencia os mapas de anomalías previstas por outros servizos meteorolóxicos de EEUU, Reino Unido, Francia o do Centro Europeo de Predición a Medio Prazo, "e tendo en conta que a meteoroloxía non é unha ciencia exacta".

Cruz Ferreira tamén confirmou que o verán deixou en Galicia un 27 por cento menos de chuvias do que cabería esperar para esta época do ano. 

Arquivado en