Os especialistas en riscos biolóxicos da Brilat superan as oitenta intervencións en menos dun mes

Pontevedra
15 de abril 2020

As actuacións máis importantes realizadas dentro da provincia de Pontevedra corresponden á desinfección de 47 residencias de maiores onde viven máis de 3.500 usuarios

A Brilat desinfecta residencias de maiores en Pontevedra
A Brilat desinfecta residencias de maiores en Pontevedra / Diego Torrado

Os especialistas en riscos NRBQ (nuclear, radiolóxico, biolóxico e químico) da Brilatrealizaron en escasamente un mes, entre o 20 de marzo e o 15 de abril, máis de oitenta intervencións en toda a provincia de Pontevedra. As actuacións máis importantes estiveron na desinfección en 47 residencias de maiores nas que viven máis de 3.500 usuarios.

Ante os datos que foron transcendendo sobre os contagios nestes centros, a Subdelegación do Goberno ofreceu colaboración para os servizos urxentes que fosen precisos. Así, duplicáronse estas tarefas na residencia Domus VI de Cangas, na residencia de maiores dependentes de Vigo e na de Barreiro da mesma cidade.

Xunto a estas residencias para maiores, estas intervenciones de desinfección aplicáronse igualmente na contorna do Centro de Saúde de Caldas de Reis e case cen vivendas tuteladas de localidades como Vigo, Redondela, Rodeiro, Ponte Caldelas e Forcarei; ou en centros de inserción social e drogodependencia, como o Carmen Avendaño de Vigo.

O centro penal da Lama foi obxecto dunha desinfección integral por parte destes especialistas militares. Neste caso, a Brilat recibiu o agradecemento da poboación recluída con aplausos.

A subdelagada do Goberno, Maica Larriba, agradeceu "a dispoñibilidade atopada nos mandos da Brigada Galicia VII, sendo unha vez máis excelentes morotes de colaboración imprescindible nos labores de vixilancia e nas accións de protección, tal e como demostraron en tantas outras ocasións na nosa provincia. Un labor que coñecemos desde a súa incansable loita contra os incendios e agora coa pandemia sanitaria".